Política de Venta

Os prezos públicos devengaranse cando se inicie a prestación do servizo, ou a utilización das instalacións deportivas, mediante a solicitude de prestación ou de acceso ás instalacións. As contías de estes prezos públicos recóllense nos anexos da ordenanza vixente.

Modalidades de pago:

1. En efectivo ou con tarxeta de crédito, nas máquinas expendedoras do Pavillón dos Remedios.
2. Pago domiciliado. Os recibos domiciliados pasaranse á conta proporcionada polo usuario do 1 ao 10 de cada mes.
3. Os avisos que impliquen unha baixa ou modificación da actividade ou servizo y/ou orden de domiciliación, deberán ser comunicados mediante impreso normalizado ao efecto, no centro deportivo municipal onde se formalizou a orde, antes do día 15 do mes anterior a data prevista da realización do servizo ou actividade.
4. Mediante ingreso nas contas bancarias do Consello Municipal de Deportes, nese caso deberase entregar copia do resgardo bancario na administración antes do comezo da actividade.
5. Outros medios de pago que determine o CMD, dos que, no seu caso, dará coñecemento público.

Normas de xestión

Cando se comece unha nova actividade ou ao comezo da tempada, o primeiro pago deberase realizar por anticipado en efectivo, con tarxeta de crédito ou transferencia, e presentalo na administración do CMD, podendo domiciliar os sucesivos recibos se estivese dispoñible esta opción. Para a inscrición en calquera actividade no seu comezo será obrigatorio estar ao corrente de pago das cotas anteriores.

Para o suposto de actividades que teñan un carácter continuado, o ingreso das tarifas establecidas, realizarase no momento de darse de alta e nas sucesivas renovacións, podendo fraccionarse o pagamento, previo ingreso da cota correspondente á inscrición. Nestes casos, a renuncia á utilización das instalacións, non outorgará dereito algún de devolución do importe das tarifas aboadas, agás que a renuncia se presente cunha antelación mínima de 5 días antes á data do inicio da actividade ou utilización, prazo que se ampliará, no caso de cursos, en 5 días desde o seu comezo.

A non renovación nos prazos previstos implica a baixa automática na actividade, debendo aterse ao réxime de nova inscrición. Os prazos dos abonos anuais , semestrais e trimestrais , ou períodos mensuais, terán vigor dende o día da alta ata o último día do mes do período contratado. Aos efectos de aplicar a correspondente tarifa, considerase o horario de mañá ata as 14 horas e o horario de tarde a partir das 14 horas.

Aboamentos para o Consello Municipal de Deportes:

Tipos de aboamentos:

a/ Aboamento básico. Inclúe a utilización con carácter libre de piscinas e zonas comúns excepto nas reservas de horarios para competicións.

c/ Aboamento con actividades. Inclúe a utilización con carácter individual e libre de sala de musculación, actividades dirixidas e sauna xunto coas instalacións comprendidas no aboamento básico.


Categorías:

Adulto. Contémplanse con carácter xeral para todos aqueles maiores de 18 anos.

Familiar. Contémplanse para todos os grupos familiares, teñan a súa orixe no matrimonio ou na unión estable de dúas persoas que convivan en relación de afectividade análoga á conxugal, e os seus fillos ata 21 anos ou ata os 24 anos con carné de estudante. Será necesario a presentación do libro de familia e no suposto de que os fillos sexan só dun dos membros da parella, resolución xudicial onde conste a custodia.

Xoven: Contémplanse para menores de idade ata 17 anos, inclusive. Computarase a idade no momento da expedición do aboamento.