Información sobre o exercicio do dereito de desistencia

Dereito de desistencia (non aplicable a alugueiros de espazos):

Ten vostede dereito a desistir do contrato asinado nun prazo de 5 días naturais sen necesidade de xustificación, formulando a solicitude nos 5 dias naturais antes do comenzo das actividades ou utilización do abono. Este prazo ampliarase en outros 5 dias naturais dende o seu comenzo para os cursos, todo elo en aplicación do recollido no artigo sexto da ordenanza de Precios Públicos vixente do Consello Municipal de Deportes.

Para exercer o dereito de desistencia, deberá notificar a administración do Consello Municipal de Deportes, a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca, por medio de instancia suscrita polo interesado ou representante legal do mesmo presentada nas oficinas do Pavillón de Deportes dos Remedios sitas en Pardo de Cela nº2 de Orense, en horarios de apertura das mesmas, carta enviada por correo postal, fax ou correo electrónico, especificando con detalle a indentidade do titular do abono, n.º dni, domicilio, servizo a dar de baixa e conta onde quere que se efectue a transferencia de devolución.

Ten vostede así mesmo a opción de enviar electrónicamente solicitude de desistencia ou calquera outra declaración inequívoca a través do noso enderezo electrónico (info@deportesourense.com.), ou na sede electrónica do CMD (http://deportesourense.sedelectronica.gal) Se recorre a esta opción, comunicarémoslle sen demora por correo electrónico a recepción da devandita desistencia.

Consecuencias da desistencia:

En caso de desistencia pola súa parte, devolverémoslle os pagamentos recibidos, segundo á modalidade contratada, sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moito en 15 días a partir da data en que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederemos a efectuar o dito reembolso na conta corrente que indique na súa solicitude de desistencia.